ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE CELANOVA
988 43 14 84 - 988 45 13 45 |

Comunicado Oficial da Xunta Directiva do Clube Escolas Deportivas Concello de Celanova

Publicado o 28-05-2021 por Miguel Angel Mociño

Descarga o Comunicado Oficial en PDF

Comunicado Oficial EDC Celanova 28 05 2021

A actúal Xunta Directiva do Clube Escolas Deportivas Concello de Celanova, co seu presidente Miguel Angel Mociño ao frente,

COMUNICA:

Que, coa finalidade de tutelar ao clube durante a temporada que remata, e ante a situación plantexada ao inicio da mesma por mor de toda a problemática derivada da pandemia, os actuais integrantes da xunta directiva, asumimos o compromiso de manternos ao frente do Clube ata o remate da tempada.

Chegados a ese remate, entendemos que se dan as condicións oportunas para dar paso a novos integrantes que queiran involucrarse na xestión do clube.

Con ise obxetivo, comunicase a renuncia dos actuais membros da xunta directiva, con efectos do próximo 30 de Xuño de 2021, abrindo un período de 10 días, que rematará o martes 8 de Xuño, para que todo/as aquele/as que o desexen presenten, nas oficinas do pavillón de deportes Pedra Moa, as súas candidaturas. Abrindo a partires desa data o correspondente proceso de elección dos futuros membros da xunta directiva, para que poidan tomar as rendas do clube a partir do día 1 de Xullo.

Por último suliñar, que en todo o tempo que levamos ao frente do Clube a nosa intención e a nosa actuación, non foi outra, nin tuvo outro obxetivo, mais co de axudar da mellor maneira que nos foi posible no desenrolo do deporte federado de base na nosa vila, asumindo para elo múltiples traballos e responsabilidades, entendendo oportuno que se abra unha nova etapa na que outras persóas poidan tomar o noso relevo e aportar novas ideas.

Celanova, 28 de Maio de 2021.

Miguel Angel Mociño Freire
(Presidente club EDC.Celanova)

Descarga o Comunicado Oficial en PDF