ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE CELANOVA
988 43 14 84 - 988 45 13 45 |

O Samagosto foi un éxito de toda Celanova

Unha tarde chea de maxia para todos os nenos e as familias da vila ourensá

Publicado o 15-11-2021 por Manuel Vispo

O sábado 13 de novembro as Escolas Deportivas do Concello de Celanova uniron dúas tradicións nunha soa, o samaín e o magosto, e crearon o Samagosto. Un acto que encheu de ledicia a toda a familia de Celanova.

Inchables, castañas, chocolate, moita diversión e un paseo moi terrorífico que asustou a máis dun neno e ás nais e pais tamén.

Os enfermos terminais, monstros, dráculas e sustos por todas partes fixeron que os visitantes da aterradora andaina de Samagosto 2021 se acelerasen o pulso.

Todo o equipo de EDCC que traballa con dedicación agarda que puidestes gozar deste agradable día en familia e que cheguen novas tardes de ilusión e alegría.