ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE CELANOVA
988 43 14 84 - 988 45 13 45 |

¡Gran traballo, Rubén!

Remata seu ciclo no Ourense CF

Publicado o 24-07-2021 por Miguel Angel Mociño

Rubén Carballo é moi recordado nas nosas escolas, xa que formou parte do noso equipo de adestradores durante moito tempo. Pasou a formar parte da familia do Ourense CF onde deixou pegada pola súa calidade como persoa e profesional durante 5 tempadas. Hoxe, pechou un ciclo e esperamos que o futuro lle traia o mellor, que estamos seguros de que terá as cualidades que se requiren para alcanzar con éxito os seus obxectivos.

Dende as Escolas Deportivas do Concello de Celanova, mandámosche unha forte aperta e amosámosche o noso agarimo e o orgullo que sentimos por un dos nosos.

¡Gran traballo, Rubén!