5-2 gana o alevín de fútbol sala e pasa á segunda fase da Liga Autonómica 2020-2021
Emocionante xogo na Pedra da Moa con póker de Raul González Rodríguez
Cun marcador de 5-2, o partido xogado onte luns 5 de abril foi un encontro moi intenso e igualado a pesar do que di o marcador.

O partido correspondente á segunda data da Liga Autonómica Alevín enfrontouse aos equipos EDC Celanova e ED Secundino Basalo de Ourense. Un choque marcado pola intensidade e a igualdade dos equipos a pesar de que o marcador demostra o contrario, un 5-2 que permite ao equipo de San Rosendo clasificarse para a segunda fase da competición debido ás 2 derrotas consecutivas dos visitantes que están fóra da carreira. A destacar, os 4 goles marcados por Raúl González Rodríguez
Do mesmo xeito, queremos enviar un saúdo e moitos ánimos aos xogadores do ED Secundino Basalo, que deixaron todo no parqué.

Os goles
- 0 - 1 (3') SANTALICES SUAREZ, HUGO
- 1 - 1 (3') GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, RAÚL
- 1 - 2 (6') SUAREZ LORENZO, MATEO
- 2 - 2 (17') GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, RAÚL
- 3 - 2 (35') GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, RAÚL
- 4 - 2 (37') GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, RAÚL
- 5 - 2 (39') SANCHEZ SAETA, ANTHONY DANIEL
