A categoría cadete EDCC obtén a súa segunda vitoria consecutiva da tempada
Lidera a Liga Local de Fútbol Sala de Galicia con 6 puntos
O segundo partido da tempada celebrouse no Pavillón Pedra da Moa, o pasado venres ante un duro Sala Ourense que logrou marcar 13 goles en dous xogos pero que non acadou a súa primeira vitoria.
Un sólido Sala Ourense visitaba Celanova, con todo os de San Rosendo acadaron unha traballada vitoria. O primeiro gol do EDC Celanova chegou no minuto 9, o segundo no 10. Pero non foi tan fácil, a resposta dos visitantes comezou a notarse 8 minutos despois e a intensidade do xogo prolongouse ata o minuto 42, cun empate a 6 por banda. Gol providencial de Joel Ferreira, aos 47, decantou o marcador para o equipo local que leva os 3 puntos e agora suma 6 en dous partidos disputados na actual tempada de fútbol sala.
A destacar, os catro goles anotados por Joel Ferreira.
Os goles
- 1 - 0 (9') MONTERO PERRONI, GABRIEL
- 2 - 0 (10') FERREIRA ÁLVAREZ, JOEL
- 2 - 1 (18') RUAS GARCIA, JUAN
- 2 - 2 (22') GIL SAMPAYO, ANDRE
- 3 - 2 (23') MOCIÑO MOYA, MAURO
- 4 - 2 (26') FERREIRA ÁLVAREZ, JOEL
- 4 - 3 (27') RUAS GARCIA, JUAN
- 5 - 3 (31') FERREIRA ÁLVAREZ, JOEL
- 5 - 4 (35') TRAVESO MANSO, VALENTIN
- 6 - 4 (36') VÁZQUEZ FERNÁNDEZ, ÁNGEL ANTONIO
- 6 - 5 (42') TRAVESO MANSO, VALENTIN
- 6 - 6 (42') RUAS GARCIA, JUAN
- 7 - 6 (47') FERREIRA ÁLVAREZ, JOEL
Partido da segunda xornada, disputado no Pavillón Pedra da Moa de Celanova, no marco da Liga Local Galicia Cadete FS. Arbitro: Fabián Clinaz
Próximo encontro
O CEDC Maceda será o seguinte rival, cando o 24 de abril o EDC Celanova visite o Pavillón Municipal de Maceda, nun partido entre os dous equipos invictos do grupo.