Balance positivo para o fútbol sala desta fin de semana
Os equipos de fútbol sala do EDC Celanova mostraron un bo rendemento
Tres partidos gañados e un empate é o balance final da finde.
LIGA AUTONOMICA INFANTIL FS
O EDC Celanova levou os 3 puntos en xogo na súa visita ao Pavillón Candeán de Vigo, cando se enfrontou a un feble Treboada FS que non coñeceu a vitoria en 5 partidos. O resultado final foi un 1-7, o que mantén ao noso equipo no medio da táboa de clasificación.
LOCAL GALICIA PREBENJAMIN F.S.
O equipo de fútbol sala EDC Celanova Prebenjamín afirmou a súa casa e derrotou ao Pabellón Ourense CF nun partido igualado, cun marcador de 2-1. Este resultado permite aos de San Rosendo subir ao segundo chanzo da clasificación.
LOCAL GALICIA BENJAMIN F.S.
O equipo benxamín de fútbol sala esmagou ao CEDC Maceda como visitante, cun resultado favorable para os nosos de 0-8. O EDC Celanova sobe ao terceiro chanzo da grella de clasificación.
LOCAL GALICIA CADETE F.S.
Para finalizar, o equipo cadete de fútbol sala conseguiu rescatar un punto na súa visita ao líder do seu grupo, o CEDC Maceda e igualar a punta da clasificación empatando 4-4.
Un partido emocionante, no que incluso estabamos gañando por 2-4 pero non conseguimos manter a vantaxe, recibindo o cuarto gol nos últimos momentos do partido.