Campito Chapela e EDC Celanova acordan o empate a 4 na segunda xornada da Liga Autonómica Infantil de fútbol sala
Partido correspondente á primeira fase do grupo SUR B
Partido disputado o domingo 4 de abril de 2021 baixo a dirección arbitral de Lucas Iglesias e Paulo Covelo

O encontro celebrouse no parqué do Pavillón Municipal de Chapela en Redondela nun encontro no que o EDC Celanova deixou escapar unha vantaxe de ata 3 goles e incluso quedou atrás no marcador 4 a 3, pero grazas a un gol de Ricardo Rodríguez Oval no minuto 39, os de San Rosendo foron quen de rescatar un valioso empate que suma o seu primeiro punto na competición, para situarse no terceiro cadro do grupo SUR B, da Liga Autonómica Infantil de Fútbol Sala, tempada 2020-2021.
Os goles
- 0 - 1 (7') VILLAR SUEIRO, SAMUEL
- 0 - 2 (13') RODRIGUEZ FERNANDEZ, LUCAS
- 0 - 3 (15') RODRIGUEZ RODRIGUEZ, ADAN
- 1 - 3 (26') MILLOS ALEJANDRO, RAFAEL
- 2 - 3 (27') MURILLO OTERO, GUILLERMO
- 3 - 3 (29') LEMOS DE ALCANTARA, BRUNO
- 4 - 3 (31') LEMOS DE ALCANTARA, BRUNO
- 4 - 4 (39') RODRÍGUEZ DOVAL, RICARDO
Próximo enfrontamento
Os infantís de fútbol sala enfrontaranse ao CD La Peña para a terceira xornada da liga, o 11 de abril de 2021 na Pedra da Moa. Se queres asistir ao xogo, recorda que debido ás medidas anti-COVID debes solicitar a túa entrada previamente aquí.