ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE CELANOVA
988 43 14 84 - 988 45 13 45 |

Dúas vitorias e unha derrota é o balance do fútbol desta semana

Balance positivo para EDCC

Publicado o 14-06-2021 por Manuel Vispo

EDCC Fútbol

ACD POLÍGONO SAN CIPRIÁN 0 - EDC CELANOVA 3

O equipo cadete logrou os últimos 3 puntos da tempada 2020-2021 ao derrotar ao ACD Polígono San Ciprián como visitante por 0 - 3. Deste xeito, o equipo de San Rosendo pechou o ano no terceiro lugar da clasificación do Liga Galicia Primeira Cadete con 13 puntos. O primeiro posto foi para o equipo EDC Barbadás, que acumula 27.

EDCC 3 - PABELLÓN EDO OURENSE 0

O equipo infantil de EDCC acadou unha rotunda vitoria na casa contra o Pabellón EDO Ourense, acadando así o cuarto posto na clasificación da Liga Infantil Galicia Primeira, con 12 puntos. O líder foi o infantil do EDC Barbadás con 27.

EDC BARBADAS 2 - EDC CELANOVA 1

Derrota do Alevín na súa visita a Os Carris para a última xornada da Liga Alevín F8 Primeira Galicia. Este resultado deixa aos celanovenses no cuarto posto con 7 puntos. O líder foi EDC Xinzo con 24.