Fin de Tempada 2021-2022 de Patinaxe Artística e Ximnasia Rítmica
Publicado o 12-07-2022 por Manuel Vispo

Nos salóns Pazo A Fábrica, xunto co alumnado e os seus pais, celebramos o remate da tempada 2021-2022 das escolas de ximnasia rítmica e patinaxe artística. Unha noite para lembrar e despedir aos que xa completaron a súa etapa connosco.