Fútbol sala alevín á segunda fase a pesar da derrota no O Carballiño
A superioridade do equipo local reflectiuse no marcador
Publicado o 15-04-2021 por Manuel Vispo
Último partido do xornada, celebrado o luns 12 de abril, pola Liga Autonómica Alevín de Fútbol Sala, na primeira fase.

Partido duro contra o Carballiño FS, celebrado no Pavillón Polideportivo Paco Chao, de O Carballiño. A superioridade do equipo local manifestouse nun marcador negativo para os nenos da vila, 6-0.

EDC Celanova pasa á segunda fase, como segundo clasificado. O Carballiño FS clasifícase como líder deste grupo, completado por ED Secundino Basalo FS, que aínda non están en competición.

¡Parabéns Celanova! ¡Somos corazón azul e branco!
