Importante vitoria contra o Campito Chapela FS do Infantil de Fútbol Sala
Alcanzamos o segundo posto na clasificación e cada día estamos máis preto de pasar á segunda fase
A vitoria do equipo local por 4-1 permítelle arrebatarlle o segundo posto, que estaba en poder do equipo visitante.
O Pavillón Pedra da Moa recibiu este sábado 8 de maio a un forte Campito Chapela FS nun novo partido da Primeira Fase do grupo Sur B da Liga Autonómica Infantil de Fútbol Sala. EDCC, baixo a dirección de Pascual Codeso logrou sacar unha cómoda vantaxe de ata 4 goles e manter o valado limpo ata o minuto 39".
Con este valioso resultado, o equipo infantil de fútbol sala está máis preto de asinar o seu pase de segunda fase, cando só quedan tres xogos máis nesta tempada.
O seguinte partido será contra o líder do grupo
O 16 de maio é a data acordada para o próximo partido da liga, contra o equipo máis poderoso da tempada, o Club Deportivo La Peña LP, que suma 19 puntos en 7 partidos e aínda non coñece a derrota.