Infantil e Cadete de fútbol 11 comezaron as súas ligas con resultados diferentes
Unha victoria e unha derrota ao comezo da competición
Infantil
O venres 9 de abril foi a quenda do equipo infantil de fútbol no anexo de San Rosendo, que recibiu un EDC Barbadás moi sólido, con clara superioridade física e técnica xa que teñen un plantel cheo de xogadores de segundo ano, o que deixou un balance adverso de 0-4. Non obstante, paga a pena resaltar o bo nivel de xogo do equipo local a pesar do resultado.
Os ánimos dos de Celanova seguen intactos, é só un escollo. O próximo partido será como visitante contra un dos equipos máis fortes, o EDC Xinzo.
Cadete
O equipo cadete do EDC Celanova deu a sorpresa do día ao vencer como visitante a un dos equipos máis importantes da división, o EDC Xinzo. O partido xogouse o sábado 10 de abril no J.A. Fernández C de Xinzo de Limia. Un partido moi disputado onde os nosos rallaron a un gran nivel. Primeira vitoria, parabéns!
Próximas xornadas
INFANTIL
16/04/2021 17:45 EDC Xinzo vs EDC Celanova en Xinzo de Limia
CADETE
17/04/2021 11:00 EDC Celanova vs EDC Barbadás en Anexo San Rosendo
Entradas
Lembra que para a túa seguridade e a de todos, se queres vir aos xogos debes solicitar a túa entrada con antelación. Podes facelo nesta ligazón.