O equipo Benxamín de fútbol sala leva tres puntos da súa visita a Ourense
Publicado o 17-05-2021 por Manuel Vispo
O pasado domingo 16 de maio os nenos da categoría Benxamín de fútbol sala estiveron de visita no Polideportivo Municipal de Oira, nun encontro contra o Xuventude Ourense FS, para a xornada 6 da Liga Local de Galicia, onde os nosos acadaron unha merecida vitoria por 2-4.
Este resultado permite ao equipo de San Rosendo manterse no terceiro posto da clasificación con 12 puntos, a só un do segundo posto. O grupo está dirixido pola E.D. Secundino Basalo, que acumula 16 esta tempada.