ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE CELANOVA
988 43 14 84 - 988 45 13 45 |

O equipo cadete de fútbol sala pasa á segunda fase sen coñecer a derrota

A infantil e o prebenxamín tamén pasan á segunda fase

Publicado o 31-05-2021 por Manuel Vispo

Estes son os resultados da última semana

Fútbol Sala EDCC Celanova Ourense

O FÚTBOL SALA CADETE DERROTA AO CEDC MACEDA NA CASA POR 6-1 Y A SEGUNDA FASE

Unha rotunda vitoria contra Maceda o domingo 30 de maio en Pedra da Moa envíanos directamente á Segunda Fase da Liga Local Galicia FS, Tempada 2020 - 2021.

É de destacar que o equipo completou a primeira fase no primeiro posto da clasificación sen coñecer a derrota.

TAMÉN PREBENXAMÍN Á SEGUNDA FASE

Vitoria para o prebenxamín, na 6a xornada da Liga Galicia Prebenxamín de Fútbol Sala, última cita da primeira fase. O encontro rematou coa vitoria do equipo de San Rosendo cun resultado de 0-3, na súa visita ao Pabellón Comisaría de Ourense, ante o Pabellón Ourense CF. Este triunfo dános o pase á segunda fase da Tempada 2020-2021 con 11 puntos. O líder foi o CDC Santa Teresita con 14 puntos.

O EQUIPO DE FÚTBOL INFANTIL SALTA Á SEGUNDA FASE CON VITORIA

O domingo 30 de maio, o equipo infantil de fútbol sala selou o seu pase á Segunda Fase da Liga Autonómica Infantil de Fútbol Sala, Tempada 2020 - 2021 ao derrotar ao TREBOADA F.S. SAN SALVADOR "LG", cunha puntuación de 4-2.

VITORIA DO EQUIPO BENXAMÍN "A"

O equipo Benxamín "A" de Fútbol Sala obtivo unha boa vitoria na casa, derrotando ao CEDC Maceda, o domingo 30 de maio, na Pedra da Moa. Esta vitoria deixounos a só un punto do liderado, ocupado polos equipos de Xuventude Ourense e Secundino Basalo, empatados con 19 puntos.

PRIMEIRA DERROTA DO ALEVIN FS EN SEGUNDA FASE

O domingo 30 de maio o equipo Alevín Futsal enfrontouse en Vigo ao CIOS VIGO MONDARIZ FS, cun resultado final de 5-2, nun encontro correspondente á Xornada 4 da Segunda Fase da Liga Autonómica FS Alevín da Tempada 2020-2021. Este resultado é a primeira derrota do EDCC nesta fase e sitúanos no segundo posto da clasificación con 9 puntos. O actual líder é o equipo local, CIOS VIGO MONDARIZ FS con 12 puntos.