Todo un éxito a XVII edición da Carreira Nocturna Celanova 2022
Unha noite para lembrar con máis de 500 participantes percorrendo 8,5 km pola vila ourensá
Cunha participación masiva de corredores de todas as idades, Celanova vestiuse de cores para recibir a deportistas de diferentes latitudes nunha noite chea de espírito deportivo.
Resultados da carreira en PDF aquí
O sábado 04 de xuño foi o día no que volveu editarse a nocturna na localidade ourensá de Celanova. Varios centos de participantes, dende os corredores máis pequenos ata os de maior nivel, estiveron presentes na XVII edición desta carreira, que xa é tradición en Galicia e que se reafirma como unha das mellores probas nocturnas da comunidade autónoma.
Esta carreira é posible grazas ao apoio do Concello de Celanova e a organización das Escolas Deportivas do Concello de Celanova. Ademais, tamén contou coa valiosa colaboración de Protección Civil Celanova, Club Pato Blanco, Deputación de Ourense e Federación Galega de Atletismo.
Resultados
Na Proba Absoluta, os gañadores da XVII Carreira Nocturna de Celanova 2022 foron:
- 1- MARVIN BLANCO, 26:13
- 2- ALEJANDRO FERNANDEZ RIVERA, 00:26:28
- 3- AKKA ESSAADAOUI, 00:27:33
Por parte feminina, as tres máis rápidas foron
- 1- EDYMAR BREA ABREU, 00:30:05
- 2- BEGOÑA DOMINGUEZ, MONTES 00:31:19
- 3- ANTÍA ABAD 00:33:15
Se queres coñecer todos os resultados, descarga aquí https://edccelanova.gal/POSICIONES-CARREIRA-2022.pdf