Un repaso ás puntuacións outorga un merecido terceiro posto ao Ximnasia Rítmica Pre Benxamín
As alumnas de EDCC remataran terceiras, pero un erro de cálculo relegounos ao cuarto posto e fóra do podio.
Publicado o 13-05-2021 por Manuel Vispo

O 01 de maio celebrouse a primeira xornada da Liga Provincial de Ourense de Ximnasia Rítmica 2021, onde participaron as nosas competidoras da categoría Pre Benxamín, obtendo o cuarto posto e por desgraza non recibiron medallas pola súa actuación. Non obstante, un novo conteo das actas situounos nun merecido terceiro posto.

A organización do evento recoñeceu o seu erro e onte entregamos as medallas a todas as rapazas, nunha fermosa entrega de premios no Pavillón As Trigueirizas de Celanova.

¡Enhorabuena nenas!